A Orde do 25 de febreiro de 2025, pola que se regulan a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG número 44, do 5 de marzo), prevé no seu artigo 27 que a notificación das resolucións se poderá realizar mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga das listaxes das resolucións das solicitudes das liñas de axudas reguladas no artigo 2.1, parágrafo b), e no artigo 2.2, parágrafo h), da Orde do 25 de febreiro de 2025 citada.
Na web publicaranse as listaxes de concesión e de denegación das liñas de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais, con indicación das persoas beneficiarias, do importe, de ser o caso, e das causas de denegación.
As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://fogga.xunta.gal/gl/pac/resolucions-de-axudas
Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no caso da subintervención 6613.04 IU prima ZLN nun 65 % e no caso da submedida 13.2 nun 75 %.
Segundo. Pór á disposición das persoas interesadas no Portal de axudas PAC as resolucións completas das solicitudes das liñas de axudas citadas no punto primeiro mediante a aplicación para teléfonos móbiles Sga@pp, dispoñible en Google Play ou en App Store, e no Portal de axudas PAC, a través da seguinte ligazón:
https://sgapac.xunta.es/SgaGpi/inicio/inicioAplicacion.action
Neste portal, cada persoa interesada poderá acceder ao contido da súa resolución individualizada mediante certificado dixital, DNI-e (DNI electrónico) ou emprego da Chave365. A información sobre a forma de alta da Chave365 encóntrase na ligazón que se indica a seguir:
https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365
Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a presidenta do Fogga no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025
Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
