DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2026 Páx. 386

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física pack test para o procedemento de elección de destino de determinados postos de traballo do corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro forestal-xefe de brigada, e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2025 (DOG núm. 240, do 12 de decembro), modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2025 (DOG núm. 245, do 19 de decembro), da Dirección Xeral da Función Pública, convocáronse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro forestal-xefe de brigada, e ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, convocados pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo) e polas resolucións do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro), do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) e do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro).

Ao abeiro do disposto no punto 7 da Resolución do 17 de decembro de 2025, convócanse as persoas aspirantes que no procedemento de elección de destino soliciten unha praza definida na RPT coa observación «R.I.: proba física pack test», para o día 12 de xaneiro de 2026, a partir das 10.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, nº 20, de Santiago de Compostela, para a realización da proba física, en chamamento único segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos

As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas do seu DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, no cal se faga constar que non presentan enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico.

O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto da data de realización da proba.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal