Con data do 6 novembro de 2025 publicouse no DOG a Resolución reitoral do 24 de outubro de 2025 pola que se convocan concursos públicos para a provisión de prazas de profesorado asociado (DOG núm. 215, do 6 de novembro).
Con data do 24 de novembro de 2025 presentouse, en nome e representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, recurso de reposición contra a Resolución reitoral do 24 de outubro de 2025 pola que se convocan concursos públicos para a provisión de prazas de profesorado asociado, co obxecto de que sexa incluída a titulación de enxeñeiro/a industrial dentro da relación de titulacións requiridas para poder participar no concurso 10HS/25-26.
Con data do 19 de decembro de 2025 estimouse o recurso de reposición interposto e incluíuse a titulación de enxeñeiro/a industrial na relación de titulacións requiridas para poder participar no concurso 10HS/25-26, e, como consecuencia disto, resólvese a apertura dun novo prazo de solicitudes para poder participar no concurso 10HS/25-26.
Por todo o anterior, este reitorado
RESOLVE:
Primeiro. Incluír a titulación de enxeñeiro/a industrial dentro da relación de titulacións requiridas para poder participar no concurso 10HS/25-26, recollido na Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se convocan concursos públicos para a provisión de prazas de profesorado asociado.
Segundo. Abrir un novo prazo de presentación de solicitudes para poder participar no concurso 10HS/25-26, que será de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
As persoas que xa presentaron a súa solicitude para poder participar no proceso selectivo do concurso 10HS/25-26 non terán que presentar unha nova solicitude, pero poderán modificar a solicitude realizada neste novo prazo.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado
