Mediante a Resolución reitoral do 6 de outubro de 2025 (DOG do 17 de outubro e BOE do 30 de outubro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de médico/a do traballo, grupo I, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 24 de novembro de 2025 (DOG do 3 de decembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 12 de febreiro de 2026, ás 10.00 horas, na sala de reunións do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC; avenida das Ciencias, nº 6, Santiago de Compostela. Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.
A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así coma en calquera outro lugar que considere oportuno.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
