Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA TTL811 no tramo entre os apoios número 170-6 e número 170-17 (Pedrafita do Cebreiro).
Lugo, 15 de decembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/280-2-ATE.
Denominación: Regulamentación LMTA TTL811 no tramo entre os apoios número 170-6 e número 170-17 (Pedrafita do Cebreiro).
Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Pedrafita do Cebreiro.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
|
21 |
28 |
690 |
A Mazmorra |
Monte baixo |
Monte pro indiviso de Veiga de Forcas |
