Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase á persoa interesada pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa ds ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CRG811 no tramo entre os apoios número 63-89 e número 63-96 (Baleira).
Lugo, 15 de decembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/51-2-ATE.
Denominación: Regulamentación LMTA CRG811 no tramo entre os apoios número 63-89 e número 63-96 (Baleira).
Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Baleira.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario/a |
|
1 |
54 |
153 |
Carballal |
Monte alto |
Descoñecido/a |
