A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza convocatoria para cubrir a seguinte praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo polo procedemento de concurso-oposición:
– 1 Técnico de comunicación e imaxe GII BII N8.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do O. P. Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es
Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), para a presentación de solicitudes.
Vigo, 9 de decembro de 2025
Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
