DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2026 Páx. 994

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2025 pola que se lle dá publicidade a un encargo de xestión, para o exercicio 2026, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáselle publicidade a un encargo de xestión da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) coas seguintes características:

Actividade: realización de diversas actuacións de mantemento do Bosque de Galicia, Parque do Lago e noiros situados entre as dúas rotondas do enlace da autoestrada AP9 coa Cidade da Cultura da Galicia.

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: un ano, entre xaneiro e decembro de 2026.

Importe: 167.386,71 €.

Tarifas aplicables: réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia