DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2026 Páx. 959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2024/U040/000005).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 3 de novembro de 2025, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa de obtención dos terreos para a execución da actuación da etapa 1 do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo-Arnados (PE2), correspondente á dotación do aparcadoiro público (P1) e ás vías que o rodean (V-2.1; V-2.2 e V-2.3), polo procedemento de taxación conxunta, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e presentado no Concello o 5 de febreiro de 2025.

Polo que se somete a información pública, por un prazo dun (1) mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, requírense os titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O documento estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica deste concello (no taboleiro de anuncios na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/tablon/

A relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio é a seguinte:

Nº de finca

Titular

Referencia catastral

Clasificación urbanística PXOM

Situación básica do solo

Destino

Superficie total (m²)

Superficie afectada aparcadoiro e vías perimetrais (m²)

1

En investigación

15019A044001090000ID

Solo rústico de especial protección agropecuaria

Rural

Pasto

92.113

11.164

Carballo, 14 de novembro de 2025

José Daniel Pérez López
Alcalde