A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 1 de decembro de 2025, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para obter os terreos necesarios do sistema xeral viario SX-VI/AU04, cuxo obxecto é a conexión das rúas Marte e María Mariño, de acordo coas aliñacións establecidas no Plan xeral de ordenación municipal, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e presentado no Concello o 24 de novembro de 2025.
O que somete a información pública, polo prazo dun (1) mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Así mesmo, requírense os titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O documento estará á disposición das persoas interesadas na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/tablon/
Carballo, 9 de decembro de 2025
José Daniel Pérez López
Alcalde
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
|
Nº predio |
Titular |
Referencia catastral |
Clasificación urbanística |
Superficie total (m²) |
Superficie afectada (m²) |
|
1 |
Descoñecido |
Solo urbano consolidado (sistema xeral viario) |
94 |
94 |
|
|
2 |
Herdeiros de Luis Suárez Ponte |
5057734NH2855N0001MM |
Solo urbano consolidado (sistema xeral viario) |
30 |
30 |
|
3 |
Marta de Jesús Martínez Suárez (16,67 %) José Luis Martínez Suárez (16,67 %) David Fernando Martínez Suárez (16,67 %) Martín Isaac Martínez Suárez (16,67 %) Leonardo Martínez Suárez (16,66 %) Mónica Martínez Suárez (16,66 %) |
5057703NH2855N0001OM |
Solo urbano consolidado (sistema xeral viario) |
392 |
46 |
|
4 |
Marta de Jesús Martínez Suárez (16,67 %) José Luis Martínez Suárez (16,67 %) David Fernando Martínez Suárez (16,67 %) Martín Isaac Martínez Suárez (16,67 %) Leonardo Martínez Suárez (16,66 %) Mónica Martínez Suárez (16,66 %) |
5057731NH2855N0001LM |
Solo urbano consolidado (sistema xeral viario) |
118 |
12 |
|
5 |
José María Aldudo Collazo |
5157803NH2855N0001TM |
Solo urbano consolidado (sistema xeral viario) |
144 |
105 |
|
6 |
Descoñecido |
Solo urbano consolidado (sistema xeral viario) |
73 |
73 |
|
|
7 |
Concello de Carballo (dominio público) |
Solo urbano consolidado (sistema xeral viario) |
478 |
478 |
