De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF), en relación co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido a que os titulares dos inmobles que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación ou ben non puideron ser notificados por causas non imputables ao Concello de Ordes, notifícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta pola LPDCIF na letra e) do artigo 7 e no artigo 22.1, no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados nas oficinas municipais do Concello de Ordes, situadas na rúa Alfonso Senra, nº 108, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Expediente |
Identificación predio Referencia catastral |
Titular/es catastral/catastrais |
Condición do titular |
|
2025/I004/000040 |
15060A057004770000BM |
José María Ferreiro Presedo |
Titular catastral |
|
15060A057004420000BL |
José María Ferreiro Presedo |
Titular catastral |
Ordes, 9 de decembro de 2025
José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente
