DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2026 Páx. 1247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de novembro de 2025, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Nedgia Galicia, S.A. de concesión administrativa no porto de Moaña con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado para realizar a actividade de subministración de gas (expediente 13-21-24-C4).

A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Nedgia Galicia, S.A. no porto de Moaña, con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado para realizar a actividade de subministración de gas (expediente 13-21-24-C4), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), faise público este trámite para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.

O prazo para presentar alegacións será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A presentación de alegacións será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas e persoas representantes dalgunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as súas alegacións por escrito nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, ou en calquera dos lugares ou rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 14 de novembro de 2025

Iban Rodríguez Fernández
Xefe da Zona Sur