DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2026 Páx. 1163

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas e médico/a de urxencias hospitalarias, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións desta dirección xeral, do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizáronse as convocatorias excepcionais dos procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso, entre outras, nas categorías de facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas e médico/a de urxencias hospitalarias.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 15 de abril (Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 23 de abril), do 20 de xuño (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño) e do 3 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 19 de novembro), publicáronse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Así mesmo, mediante as resolucións do 4 de abril (Diario Oficial de Galicia núm. 69, do 9 de abril), do 20 de xuño (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), e do 6 de outubro (Diario Oficial de Galicia núm. 202, do 20 de outubro) publicáronse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, entre outras.

A base 10.4 das resolucións de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, se cubrirá a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Realizados os procesos de elección de destino das categorías/especialidades, resultando prazas vacantes logo das últimas resolucións de nomeamento do 6 de outubro e do 3 de novembro de 2025, e ao abeiro das resolucións do 26 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante dos procesos,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas nestes procesos extraordinarios de estabilización polo sistema de concurso de méritos, e segundo o que establece a base 10.4 das resolucións de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes nas categorías de facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas e de médico/a de urxencias hospitalarias ás novas persoas aspirantes incluídas inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas e de médico/a de urxencias hospitalarias as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución, logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino, segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias dos procesos selectivos.

Adxudicarlles ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.

Terceiro. Declarar finalizado os procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas e de médico/a de urxencias hospitalarias, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto nas súas bases10.4 para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso.

Cuarto. Os/As aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación definitiva de persoas nomeadas estatutarias fixas e destinos definitivos adxudicados

Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***2693**

GÓMEZ SILVA, GRACIELA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

Médico/a de urxencias hospitalarias

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***8088**

VÍLCHEZ DOSANTOS, SANDRA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público da Mariña

Burela

-

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.