A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso/Administrativo número 1 de Lugo polo que solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 361/2025, en relación co concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias, convocado pola Resolución do 9 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG número 132, do 11 de xullo).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O anterior notifícase para coñecemento xeral de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
