Antecedentes:
1. O día 3 de decembro de 2025, María del Carmen Rial Sobrino solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Rial III.
2. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.
Consideracións legais e técnicas:
1. A competencia para ditar esta resolución corresponde á persoa titular da Consellería do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.
2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:
Tipo: batea.
Nome: Rial III.
Situación:
Cuadrícula nº: 216.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 23.10.1959.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Manuela Rial Sobrino (***8422**) e María del Carme Rial Sobrino (***8244**).
Novos titulares: Ángel Javier García España (***5500**) e Mónica Mariño Piñeiro (***7812**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. As actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Xustificante da liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (carta de pagamento ou comprobante da súa presentación).
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de resolución ditada pola persoa titular da consellería.
Terceira. Os novos titulares da concesión administrativa e da batea quedan subrogados nos dereitos e obrigas das anteriores, desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
A Coruña, 15 de decembro de 2025
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
