DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2026 Páx. 1232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización e legalización de obras no concello de Barreiros (expediente DH.W27.102699).

En cumprimento do previsto no artigo 78ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización e legalización de obras:

Solicitante: Ángeles Goas Posada.

DNI: ***8802**.

Expediente: DH.W27.102699.

Lugar: Entrerríos.

Parroquia: San Miguel de Reinante.

Concello: Barreiros.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na execución de movemento de terras, dunha rampla e pavimentación de acceso, dun muro de contención e dun peche, na parcela con referencia catastral 6030808PJ4263S0001SK, na zona de policía do rego da Barranca.

A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na Rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 27 de novembro de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña