Expediente: IN407A2025/245-1.
Solicitante/promotora: Fuciños Rivas, S.L.
Denominación: LMTS Martagona-Furelos e CT Furelos III.
Concello: Melide.
1. Características técnicas:
a) Liña de alta tensión subterránea de simple circuíto Martagona-Furelos:
– Tensión: 20 kV.
– Lonxitude: 1.325 m.
– Condutor: RHZ1-2OL 12/20 kV 1 × 95.
– Diámetro canalización liña: 0,2 m.
b) Centro de transformación acabado cemento. 3,9×2,4×2,62 m a máis de 35 m da capela de Santa Cruz de Furelos-Transformador trifásico de clase B2, tensión de servizo 15/20 kV e 630 kVA de potencia. Celda modular de 630A (dúas de liña e unha de protección).
c) Celda de saída no CT de Martagona II de 20 kV.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular da persoa propietaria do predio que figura na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderá examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que considere axeitadas, no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 11 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Melide
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietaria |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
O Campo 15047A052003470000GI |
Prados e praderías |
María Ángeles Mosteiro López |
CT |
60 |
||||
