En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Modificado I do proxecto para LMT, CT e RBT estrada Albar.
Situación: lugar da Barxa.
Concello: O Barco de Valdeorras.
Características principais recollidas no proxecto:
– Desmonte dun tramo da LMT aérea BDV704, entre o apoio núm. D44 e o transformador CT Retorno C.Regantes-32CY53, desmonte doutro tramo na mesma liña, entre o apoio núm. D44-A-1 e o apoio núm. D44-A-1-1.
– Substitución do apoio núm. D44-A-2 por un novo apoio de celosía metálica, do tipo C-14/2000, no cal se instala un seccionador XS. Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio núm. D44-A-1.
– LMTS, a 15 kV, de 32 m, en condutor LA-56, con orixe no apoio existente núm. D44 e final no novo apoio núm. D44-A-2.
– LMTS, a 15 kV, de 17 m, en condutor LA-56, con orixe no novo apoio núm. D44-A-2 e final no apoio existente núm. D44-A-1-1.
– LMTS, a 15 kV, de 634 m, en condutor RHZ1-2OL 12/20KV 3x(1X150) mm² Al, con orixe no PAS que se instala no apoio núm. D44-A-1 e final no novo CT proxectado.
– Novo CT prefabricado compacto de manobra exterior, con envolvente de formigón, de tipo rural, cun transformador de 160 kVA de potencia aparente e r/t 15.000/400 V.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento desta instalación.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2.233 do Coeticor, o 11 de novembro de 2025.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 15 de decembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2023/149-3.
Situación: lugar da Barxa.
Concello: O Barco de Valdeorras.
Denominación: Modificado I do proxecto para LMT, CT e RBT estrada Albar.
Predio núm. en proxecto: 1.
Referencia catastral: 32010A004015700000XB.
Lugar: Barxas.
Cultivo: monte baixo.
Titular: Teresa Diéguez Casal.
Afeccións: ocupación de 16 m² para o CTC e de 9 m² para a canalización soterrada.
