Expediente: IN407A 2024/358-1.
Promotora: Sucesores de Manuel Leira, S.L.
Denominación do proxecto: desmantelamento LMT derivada a CT Pudrical (Cabanas-A Coruña).
Concello: Cabanas.
Feitos:
Ao abeiro do artigo 135 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o día 25.11.2024, Sucesores de Manuel Leira, S.L. solicitou autorización administrativa para o peche e desmantelamento das instalacións previstas no proxecto denominado Desmantelamento LMT derivada a CT Pudrical (Cabanas-A Coruña), situadas no concello de Cabanas. O proxecto está asinado o 15.11.2024 por Francisco Javier Bouza Cabarcos, enxeñeiro industrial, nº colexiado 867 de Galicia) (visado nº 202443541, do 20.11.2024).
O motivo da solicitude de peche e desmantelamento é que a función de distribución foi asumida polas instalacións asociadas ao proxecto do seu soterramento (IN407A 2023/350). Conforme o punto 3 do artigo 135 do Real decreto 1955/2000, no proxecto tamén se inclúe o plan de desmantelamento das instalacións.
O día 7.1.2025 solicitouse á Comisión Nacional de Mercados e da Competencia o informe previo á resolución requirido no artigo 138.1 do Real decreto 1955/2000. Na data desta resolución non consta no expediente resposta a esa solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de mayo).
Segunda. Lexislación de aplicación
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
Terceira. As características técnicas das instalacións descritas no proxecto e das que se solicita o peche e desmantelamento son as seguintes:
Peche e desmantelamento dun treito de 470 m da LMTA derivada a CT Pudrical, de 15 kV, condutor LA-30, coa súa orixe no apoio 3 (567.046 4.808.648) e final no apoio 8 (566.659, 4.808.721).
Cuarta. O prazo previsto no proxecto para os traballos de desmantelamento é de 5 meses.
Quinta. Os servizos técnicos deste departamento territorial emitiron un informe favorable o 9.7.2025.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
I. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.
II. O desmantelamento da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución. De non se realizaren os traballos nese prazo, producirase a caducidade da autorización.
III. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicalo a este departamento territorial para emitir a acta de peche.
Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao medio ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria , no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícase ás persoas interesadas a presente resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 14 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
