DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2026 Páx. 1188

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se nomea unha profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 30 de setembro de 2025 (BOE do 27 de octubre), para a provisión da praza número 25/025 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade, a favor de Antía Pérez Caramés, con DNI núm. ***5425**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antía Pérez Caramés profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 23 de decembro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado