Nesta administración recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso contencioso-administrativo número 4331/2025, procedemento ordinario, interposto por Promociones Oralco, S.L. contra o acordo do Pleno do Concello de Vigo do 26 de maio de 2025 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, aprobado en revisión do Plan xeral de ordenación urbana de 1993, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente 15313/411 (19722/111)).
Para os efectos de cumprir o solicitado no dito oficio, a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou remitirlle o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 28 de novembro de 2025
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda
