As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPo), número 50, do 13 de marzo de 2015, e as súas rectificacións, nos BOPPo número 77, do 22 de abril de 2016, e número 25, do 8 de febreiro de 2021, e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPo número 234, do 5 de decembro de 2025:
Persoal funcionario:
– Dúas prazas de auxiliar da Administración xeral, a tempo completo, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición, quenda libre.
– Unha praza de oficial de obras e servizos, a tempo completo, encadrada na escala da Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, categoría de oficial, integrada no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición, quenda libre.
– Dúas prazas de oficial de obras e servizos, a tempo completo, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, categoría de oficial, integradas no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición, mediante o procedemento de promoción interna.
– Unha praza de vixilante de obras, a tempo completo, encadrada na escala da Administración especial, subescala servizos especiais, clase de funcións especiais, categoría vixilante, integrada no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición, quenda libre.
Persoal laboral fixo:
– Unha praza de operario/a de xardíns, a tempo completo, equiparada a outras agrupacións profesionais, sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), categoría de operario/a, polo sistema de oposición, quenda libre.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, mediante extracto no Boletín Oficial del Estado.
Redondela, 10 de decembro de 2025
Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa
