DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2026 Páx. 1261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se deixa sen efecto o proceso selectivo para a provisión, en comisión de servizos, do posto de xefe/a do Servizo de Recursos Humanos.

Mediante o Decreto da Alcaldía 2025007307, do 29 de setembro de 2025, aprobouse deixar sen efecto o proceso selectivo para a provisión, en comisión de servizos, do posto de traballo número 22 da relación de postos de traballo do Concello de Ourense, xefe/a do Servizo de Recursos Humanos, convocado polo Decreto da Alcaldía 202505214, do 2 de xullo de 2025, por imposibilidade material de continualo por causas sobrevidas, á vista do contido do Decreto da Alcaldía número 2025006901, do 17 de setembro de 2025, que executa a sentenza número 2025 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 no RCA P.A. 100/2024, do que adxudica o posto de traballo obxecto da convocatoria.

O anterior faise público advertindo que contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ou ben acudir directamente á vía xudicial e interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución. Non poderán interporse simultaneamente ambos os recursos. Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá interpor calquera outro recurso que considere procedente.

Ourense, 6 de novembro de 2025

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente