DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2026 Páx. 1259

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución da prolongación da rúa Valverde.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, infórmase de que o 11 de decembro de 2025, mediante resolución da Alcaldía, foi aprobado inicialmente o Proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do planeamento, co fin de obter os terreos necesarios para a execución da prolongación da rúa Valverde.

Así mesmo, acordouse someter o devandito proxecto a información pública por un período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia, así como efectuar a notificación individualizada co traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todas as persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

ID

Referencia catastral

Propietario/a

DNl

Sup. inicial (m2)

1

27015A052007630000SX

María Genoveba Seoane Vázquez (herdeiros/as de)

***1185**

1.146

2

27015A052007620000SD

Anselmo Baamonde Paredes

--------------

178

3

27015A052008590000SJ

Reinaldo González Broz

***4493**

797

4

27015A052008600000SX

María Ofelia Prieto Fernández

***3042**

732

Felipe Prieto Fernández

***4227**

Margarita Prieto Fernández

***4241**

5

27015A052008310000SE

Jesús Porto Otero

***0274**

1.657

María del Carmen Porto Otero

***4083**

6

27015A052008310000SE

Jesús Porto Otero

***0274**

1.657

María del Carmen Porto Otero

***4083**

7

27015A052007670000SS

Santiago Vázquez Abal

***5466**

704

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na sede electrónica do Concello de Cospeito e presencialmente nas dependencias municipais do Concello de Cospeito, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir persoas interesadas descoñecidas neste procedemento, de que se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, este anuncio serve como notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Cospeito, 12 de decembro de 2025

Armando Castosa Alvariño
Alcalde