No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 711/2025 (procedemento ordinario), interposto por Rocío Castro Loureiro contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición presentado fronte á Resolución do 26 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario e de xestión e servizos, convocados mediante as resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG número 251, do 31 de decembro).
O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
