DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2026 Páx. 1525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para realizar unha nova vía nas Tapadas, A Cañiza.

Na sesión ordinaria realizada pola Xunta de Goberno do Concello da Cañiza (Pontevedra) o 28 de novembro de 2025, aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para realizar unha nova vía nas Tapadas, A Cañiza, redactado por Alfonso Botana, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, acordouse someter o presente plan a información pública durante dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior difusión na provincia. Así mesmo, notificaráselles individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o período de información pública solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos.

A Cañiza, 16 de decembro de 2025

Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde