DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2026 Páx. 1478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se acorda a aprobación inicial e se somete a información pública o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicacións de Cenlle, situado no concello de Cenlle, incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

I. Pola Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 20 de maio de 2013, publicada no DOG núm. 114, do 17 de xuño, fanse públicas a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, aprobado mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013.

A citada resolución do Consello da Xunta, no punto dous da parte dispositiva, declara a utilidade pública e o interese social, para os efectos expropiatorios, do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas para Retegal.

De conformidade co disposto no artigo 85.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, para os fins da expropiación ou imposición de servidumes.

II. Actúa como Administración expropiante a Consellería de Facenda e Administración Pública e Retegal como beneficiario da expropiación, pola Resolución do 14 de marzo de 2025, da Consellería de Facenda e Administración Pública, coas consecuencia legais derivadas destas posicións xurídicas.

III. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 7/2015, do 30 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia.

IV. Ao se tratar dunha expropiación urbanística, este expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co disposto no artigo 118 e concordantes da Lei do solo de Galicia.

V. Para os efectos da fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento aos propietarios afectados e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 7/2015, artigo 118 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigos 291 a 293 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. De conformidade co anterior,

RESOLVO:

1. Aprobar inicialmente o expediente de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do centro de telecomunicación identificado como RTGA_32025001_Cenlle, situado no concello de Cenlle (Ourense), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

2. De conformidade co previsto no artigo 118 e concordantes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a adquisición de terreos necesarios para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Cenlle, incluído no plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A., para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación na provincia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública http://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/patrimonio/expropiacions

3. Así mesmo, as taxacións notificaránselles individualmente aos que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular as alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

4. Durante o prazo previsto no punto segundo o expediente estará exposto á disposición das persoas interesadas no Concello de Cenlle (Ourense) e na Subdirección Xeral de Patrimonio da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública en Santiago de Compostela (sita na rúa Pastoriza, 8, 2º). Durante este prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, mediante un escrito dirixido á Subdirección Xeral de Patrimonio da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio en Santiago de Compostela e presentado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021, DOG do 24 de decembro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio

ANEXO

Predio

Titular

Referencia catastral

Superficie total (m2)

Superficie afectada

Bens afectados

Clasificación urbanística

Afección

1

CMVMC de Santa María de Cenlle

32026A032010000000TT

368.223

3.156

1.973

m2 solo rústico de protección forestal e espazos naturais-monte baixo

Solo rústico de protección forestal e espazos naturais

Propiedade

1.183

m2 solo rústico de protección paisaxística-monte baixo (servidume de paso)

Servidume de paso