DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2026 Páx. 1454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 18 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Ferroedo, sito nos concellos de Bóveda e O Saviñao (Lugo), promovido por Ferroedo Eólica, S.L.U. (expediente IN408A 2024/016).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública, durante un prazo de 30 días, a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/romotora: Ferroedo Eólica, S.L.U. (NIF: B06906267).

Denominación do proxecto: parque eólico Ferroedo (33,6 MW), de decembro de 2025, visado o 4.12.2025 co núm. 20253296 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Situación: concellos de Bóveda e O Saviñao (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): Serra das Penas.

Potencia instalada: 36 MW.

Potencia evacuable: 33,6 MW.

Número de aeroxeradores que se proxecta instalar: 8.

Produción neta anual estimada: 93,6 GWh/ano.

Orzamento de execución material: 39.256.352 €.

Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

V1

613.714,80

4.720.409,50

V2

613.931,56

4.718.755,55

V3

614.718,18

4.718.387,21

V4

615.013,70

4.718.305,38

V5

615.644,62

4.718.515,64

V6

615.959,60

4.718.819,09

V7

616.776,95

4.718.893,22

V8

617.510,83

4.719.137,76

V9

618.344,82

4.719.418,49

V10

619.347,75

4.719.751,11

V11

621.371,67

4.720.781,49

V12

621.372,76

4.722.627,83

V13

621.038,23

4.722.436,70

V14

620.085,00

4.722.224,14

V15

618.690,61

4.724.034,80

V16

618.068,26

4.723.696,29

V17

617.779,19

4.722.461,36

V18

616.563,58

4.721.255,83

V19

616.860,92

4.720.329,85

V20

615.825,11

4.720.002,01

V21

614.641,05

4.720.510,87

Coordenadas da torre anemométrica:

TM

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

TM01

617.345,00

4.720.743,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

FER01

615.183,49

4.718.574,80

FER02

621.083,00

4.720.974,00

FER03

620.619,00

4.721.396,00

FER04

620.190,00

4.721.691,00

FER05

618.269,00

4.719.821,00

FER06

617.414,72

4.720.316,72

FER07

614.735,83

4.719.038,89

FER08

614.298,00

4.719.953,00

Coordenadas da envolvente da subestación do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

V1

618.700,29

4.723.680,00

V2

618.702,80

4.723.568,03

V3

618.646,03

4.723.566,75

V4

618.643,52

4.723.678,73

As principais instalacións proxectadas son as seguintes:

• Oito (8) aeroxeradores de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, limitada a 4,2 MW, de 163 m de diámetro de rotor e altura de buxa de 113 m (5 uds) e 98 m (3 uds).

• Oito (8) centros de transformación de 5.300 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,72/30 kV, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, cos seus correspondentes equipamentos de seccionamento, manobra e protección.

• Rede colectora soterrada de 30 kV, de interconexión entre os aeroxeradores e a subestación transformadora, conformada por condutores unipolares de tipo RHZ1-OL 18/30 kV Al.

• Unha posición de transformación para o parque eólico Ferroedo na futura subestación (SET) Saviñao, non obxecto deste expediente, con transformador 40/45 MVA e relación de transformación 30/220 kV e cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Obra civil consistente na rede viaria de acceso ao parque e rede viaria interior, cimentacións e plataformas de aeroxeradores, subestación, zona de amoreamentos e gabias de cableaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

• Proxecto de execución de decembro de 2025, visado o 4.12.2025 co núm. 20253296 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

• Estudo de impacto ambiental (EIA), asinado por un equipo multidisciplinar o 18.6.2025.

Esta documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo (rolda da Muralla, 70,27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico renovables.medio-ambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 05, así como nos concellos de Bóveda e O Saviñao (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de decembro de 2025

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo