DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2026 Páx. 1490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación total de estatutos sociais da entidade Colectivo Xebre, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial o 15 de decembro de 2025 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación total dos estatutos sociais da entidade Colectivo Xebre, S. Coop. Galega, motivada pola transformación de cooperativa agraria a cooperativa de traballo asociado, acordada por unanimidade na asemblea xeral universal do 6 de xuño de 2025, polo que o seu novo obxecto social é a prestación do traballo das persoas socias para producir en común bens e servizos para terceiros. O seu novo domicilio social é lugar de Fornelos, nº 52, concello de Zas, provincia da Coruña. O capital social mínimo da cooperativa redúcese de 3.025 € a 3.000 €.

A Coruña, 15 de decembro de 2025

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña