DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2026 Páx. 1529

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO da convocatoria para cubrir dúas prazas vacantes de auxiliar administrativo/a, adscritas á Área de Administración Xeral e Réxime Interno, en calidade de funcionario/a de carreira da escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C2, nivel 16, mediante o sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 235, do 9 de decembro de 2025, publicáronse integramente as bases reguladoras para cubrir en propiedade dúas prazas de auxiliar administrativo/a do Concello de Pontedeume adscritas á Área de Administración Xeral e Réxime Interno en calidade de funcionario/a de carreira da escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C2, nivel 16, mediante o sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

Pontedeume, 9 de decembro de 2025

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde