O Concello de Outeiro de Rei fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza e/ou corta ás persoa titulares das parcelas que se indican a seguir, despois de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta administración, a notificación a que se refire o artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
|
Nome e apellidos do/da interesado/a |
Nº de expediente |
Referencia catastral xeorreferenciada |
|
Herdeiros de María Carreira López |
1178/2025 |
2632601PH1723S0001SU e Polígono 25, parcela 354 |
|
José Manuel Rodríguez López |
637/2025 |
3085308PH1638N0001GF |
|
Raquel Rodríguez Fraiz |
1075/2025 |
Polígono 30, parcela 10013 |
As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais deste concello das 9.00 ás 15.00 horas no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, dispoñen do mesmo prazo para cumprir as obrigas de xestión da biomasa e/ou, de ser o caso, de retirada das especies arbóreas non permitidas.
Unha vez transcorrido este último prazo, continuarán as actuacións, de conformidade co artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril. O Concello de Outeiro de Rei notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Outeiro de Rei, 12 de decembro de 2025
José Pardo Lombao
Alcalde
