Mediante a Resolución desta dirección xeral do 15 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental.
Así mesmo, mediante a Resolución do 26 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 4 de decembro), convocouse o acto de elección telemática de destino para as persoas definitivamente seleccionadas no referido proceso selectivo.
A base décima da resolución de convocatoria establece que, unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daquelas persoas aspirantes seleccionadas que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
Ao abeiro das ditas resolucións, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo I desta resolución.
Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que se especifica no indicado anexo.
Segundo. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022.
Terceiro. Declarar deserta a praza que se relaciona a continuación, unha vez esgotada a lista de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición:
|
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
Núm. prazas |
|
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
1 |
Cuarto. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal, que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.
Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.
Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Relación definitiva de persoas nomeadas estatutarias fixas e destinos definitivos adxudicados
|
DNI |
Apelidos e nome |
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
|
***8235** |
ALVAREZ OTERO, ZAIDA |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público da Mariña |
Burela |
- |
|
***0965** |
AUSINA ARROJO, ALEJANDRO |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
|
***7773** |
BERDION MARCOS, VANESA |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***7432** |
CALVIÑO SEOANE, NOELIA |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***5829** |
CALVO LOSADA, NEREA |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***6939** |
CID GONZALEZ, CARLA |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***6345** |
DIEGUEZ RODRIGUEZ, MARIA |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***8351** |
ESLAVA NODAR, NOELA |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***4717** |
FACORRO REGUEIRA, NEREA |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Complexo Hospitalario Universitario de Lugo |
Lugo |
- |
|
***9862** |
FERNANDEZ MARTINEZ, CLARA |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***0571** |
FERREIRA GARCIA, ANXO |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
|
***4284** |
FREIJEIRO LLORCA, ANA |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***8235** |
GARCIA FERNANDEZ, FATIMA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***4721** |
GONZALEZ LOPEZ, CLAUDIA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***4547** |
GONZALEZ SANCHEZ, HECTOR |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***6373** |
LOPEZ ALVAREZ, ELVIRA TERESA |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***1142** |
MARTINEZ FERREIRO, SARA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***6409** |
MARTINEZ MARTINEZ, ALICIA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***2335** |
NOVO ROSARIO, MARCOS |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Complexo Hospitalario Universitario de Lugo |
Lugo |
- |
|
***8122** |
NOVOA RIVERA, ANDREA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***0003** |
PARGA MARTINEZ, MARTA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***8633** |
PEREZ GOMEZ, IRIA |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
|
***2942** |
PERTEGA ANDIA, ELVIRA MARIA |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
|
***3881** |
PINEDA BUENDIA, MARIA VICTORIA |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***5883** |
SALGADO CARNERO, MARIA |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***7214** |
SANCHEZ VILAS, LAURA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***1135** |
SEVILLA GOMEZ, ANDREA |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Complexo Hospitalario Universitario de Lugo |
Lugo |
- |
|
***4277** |
VERGARA GONZALEZ, VERONICA |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
|
***3883** |
VIDAL TARELA, CRISTINA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
|
***6273** |
VILARIÑO BARREIRO, MARIA DEL CARMEN |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
