DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2026 Páx. 1732

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, entre as cales estaba a categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental.

Así mesmo, mediante a Resolución do 26 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 4 de decembro), convocouse o acto de elección telemática de destino para as persoas definitivamente seleccionadas no referido proceso selectivo.

A base décima da resolución de convocatoria establece que, unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daquelas persoas aspirantes seleccionadas que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

De conformidade e en virtude co que antecede, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento da base novena da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convoca o concurso de méritos para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista, procede excluír do proceso selectivo para o acceso á especialidade de saúde mental á aspirante María Diéguez Rodríguez, con DNI ***6345**, quedando anuladas as súas actuacións e decaendo en todos os dereitos derivados da súa participación no procedemento, e declarar no seu lugar, como aspirante seleccionada, logo de ter acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos, a María Mateo Estévez, con DNI ***1936**.

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo I desta resolución.

Así mesmo, adxudicarlles ás ditas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que se especifica no indicado anexo.

Terceiro. Declarar finalizado o concurso de méritos da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Cuarto. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal, que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto terceiro desta resolución, de conformidade coa base 10.4 da resolución de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Nomeadamente, chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

Nos supostos previstos no punto anterior non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das devanditas situacións.

Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación definitiva de persoas nomeadas estatutarias fixas e destinos definitivos adxudicados

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***9593**

GARCIA RODRIGUEZ, MARIA NIEVES

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***1936**

MATEO ESTEVEZ, MARIA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.