De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:
1. Resolución do 18 de novembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a reinstalación na ría de Ferrol dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia durante os anos 2025-2027.
– Actividade: a reinstalación na ría de Ferrol dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia durante os anos 2025, 2026 e 2027, desenvolvendo todos os procedementos operativos necesarios para manter en funcionamento a zona de reinstalación de moluscos bivalvos vivos creada pola Administración pesqueira na ría de Ferrol.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de decembro de 2025 ata o 30 de novembro de 2027.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aplicación orzamentaria 16.03.723A.604.2, e con código de proxecto 2024 00139. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
