De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:
1. Resolución do 5 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio administrativo á xestión do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidade 2026.
– Actividade: a prestación dun servizo de apoio administrativo á xestión do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1, con código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
2. Resolución do 3 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do estudo de viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidade 2026.
– Actividade: a realización do estudo de viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1, con código de proxecto 2023 00193.
3. Resolución do 18 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a prestación do servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2026.
– Actividade: realización do servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2026, mediante a atención, filtración, priorización e canalización dos avisos recibidos.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.01.541C.604.1, con código de proxecto 2011 00867.
4. Resolución do 23 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio técnico para o sistema de control e verificacións en relación co cumprimento das intervencións comunitarias cofinanciadas polo programa FEMPA 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia. Ano 2026.
– Actividade: a prestación dun servizo de apoio para o sistema de control e verificacións en relación co cumprimento das intervencións comunitarias cofinanciadas polo programa FEMPA 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia, durante o ano 2026. Para iso asistirase, conforme o contido do prego de condicións técnicas, a Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Verificación Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, na súa calidade de órgano facultado para asumir as funcións na devandita materia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1, con código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
5. Resolución do 12 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio administrativo á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro na xestión do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 na anualidade 2026.
– Actividade: a prestación dun servizo de apoio administrativo á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro na xestión do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 na anualidade 2026.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.03.723A.640.0, con código de proxecto 2023 00192. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
6. Resolución do 23 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio técnico ás función do organismo intermedio de xestión e control do programa FEMPA 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidades 2026 e 2027.
– Actividade: a realización das funcións que a autoridade de xestión do FEMPA delegue no organismo intermedio de xestión-control. Para iso asistirase, conforme o contido do prego de prescricións técnicas, a Secretaría Xeral Técnica na súa calidade de organismo intermedio de xestión-control (OIXC).
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2027.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
