De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:
1. Resolución do 20 de agosto de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a prestación dun servizo de implantación dos módulos de inglés profesional no Instituto Galego de Formación en Acuicultura-Igafa para o curso 2025/26.
– Actividade: a realización pola fundación Cetmar das accións para dar o servizo en materia de formación para a implantación de dous módulos de inglés profesional no Igafa para o curso 2025/26.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 20 de agosto de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aplicación orzamentaria 16.03.422K.640.1, e con código de proxecto 2024 00139. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
2. Resolución do 1 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización do proxecto Estudo sobre presenza de ouxas (Myliobatis aquila) no litoral das Rías Baixas. Sol-Ouxa II.
– Actividade: a execución da asistencia técnica para a realización do proxecto Estudo sobre presenza das ouxas (Myliobatis aquila) no litoral das Rías Baixas. Sol-Ouxa II.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 2 de decembro de 2025 ata o 30 de setembro de 2027.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicios 2025, 2026 e 2027, aplicación orzamentaria 16.03.723A.640.1 e con código de proxecto 2024 00141.
3. Resolución do 12 de novembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a elaboración do Plan de acción para a xestión do marisqueo en Galicia 2026-2031.
– Actividade: a realización polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar dos traballos para a elaboración do Plan de acción para a xestión do marisqueo en Galicia 2026-2031.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 13 de novembro de 2025 ata o 12 de novembro de 2026.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aplicación orzamentaria 16.03.723A.640.0, e con código de proxecto 2023 00192.
4. Resolución do 12 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a execución do servizo de coordinación, difusión e mellora do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia como soporte á xestión sustentable da actividade acuícola.
– Actividade: a execución polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar do servizo de coordinación, difusión e mellora do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia como soporte á xestión sustentable da actividade acuícola.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 15 de decembro de 2027.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.02.723A.641.0, e con código de proxecto 2023 00242.
5. Resolución do 16 de decembro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a execución do servizo en materia de formación correspondente á impartición dun programa de accións formativas no ano 2026 no centro de formación «A Aixola».
– Actividade: a realización polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar das accións para dar o servizo en materia de formación para a impartición dun programa de accións formativas no ano 2026 no centro de formación «A Aixola».
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 16 de decembro de 2025 ata o 15 de decembro de 2026.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.03.722A.640.1, e con código de proxecto 2024 00140.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
