DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2026 Páx. 1718

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se notifican os informes de control de monitorización correspondentes á campaña 2024.

A Orde do 27 de febreiro de 2024 (DOG núm. 49, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 2 de maio de 2024 (DOG núm. 88, do 6 de maio), da Consellería do Medio Rural, regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control no ano 2024.

O artigo 17 da orde dispón que os informes de control de expedientes suxeitos a control mediante monitorización notificaranse conforme o indicado no artigo 26, que indica que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro. O artigo 45.1 da citada lei establece que a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia cunha ligazón á páxina web do Fogga.

Conforme o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes dos informes de control mediante monitorización citados na Orde do 27 de febreiro de 2024. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/monitoraxe

Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas os informes indicados mediante a aplicación para teléfonos móbiles Sga@pp, dispoñible en Google Play ou en App Store, e no Portal de axudas PAC, a través da seguinte ligazón:

https://sgapac.xunta.es/SgaGpi

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días a partir do día seguinte ao desta publicación para formular as alegacións ou presentar os documentos ou xustificacións que xulguen pertinentes, consonte o que dispón o artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria