Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT PAD-809 apoios 5, 6 e 7, no concello de Padrón (expediente IN407A 2024/196-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.
A Coruña, 17 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/196-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMT PAD-809 apoios 5, 6 e 7.
Concello: Padrón.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
15066A502001320000BA |
Descoñecida |
8.1.2026 |
|
2 |
15066A502000240000BI |
Descoñecida |
8.1.2026 |
|
3 |
15066A502000180000BR |
Descoñecida |
8.1.2026 |
