DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2026 Páx. 1796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 15 de decembro de 2025, relativa a unha instalación eléctrica no concello de Lobios, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2025/038-3).

Pola Resolución do 15 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración en concreto de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Lobios (expediente IN407A 2025/038-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, no Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, núm. 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de decembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/038-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA CCH807 no treito entre os apoios núm. 28-13 e núm. 28-15.

Situación: lugar de Rial, concello de Lobios.

Predio núm. en proxecto: 1.

Referencia catastral: 32043A084000180000EM.

Lugar: Pedreiras.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 28-14.