Mediante esta cédula, e debido a que as persoas relacionadas abaixo non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros do Hospital Público da Mariña, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que, segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional vixésimo segunda do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que teñen que achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 982 58 99 97.
Para que conste, lles sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, firmo e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Burela, 11 de decembro de 2025
Ramón Ares Rico
Xerente da Area Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
ANEXO
|
Nome do doente |
DNI/NIF |
|
López López, Manuel |
|
|
Obaseki, Diana Miz |
|
|
García Fernández, Nekane |
|
|
Rodríguez Rodríguez, José Antonio |
|
|
Menéndez Larralde, Rufino |
|
|
Alves Dutra, Thais |
|
|
Escuredo Lera, José Domingo |
|
|
Sánchez López, Sergio |
|
|
Remuiñán Sánchez, Juan |
|
|
Pereira Igino, Marcs |
|
|
Sides Barrios, Ariela Mercedes |
|
|
Dovale Cao, Pedro Ramón |
|
|
Riva Villarroel, Cristhian Michel |
|
|
Becerra Soliz, Alexis Humberto |
|
|
Benítez, María Emilia |
|
|
Vera Cortes, Constanza Lisset |
|
|
Paz Río, Adrián |
|
|
López Hermida, Javier |
|
|
Guillumet Vendrell, Eric |
