DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 11 de decembro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria.

Mediante a presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros do Hospital Público da Mariña, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na Conta Bancaria ES69 ES69 0081 5363 20 0001082918 do Banco de Sabadell, S.A. nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación a súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Burela, 11 de decembro de 2025

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito Pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda €

Wodinski-Kai Kevin

Fra. 202530039

8.1.2025

361,59

Bensalah-Abderrahim

Fra. 202530288

13.3.2025

361,59

Pineda Matos Elvin Luis

Fra. 202530294

13.3.2025

361,59

Pérez Reiriz Francisco Javier

Fra. 202530295

13.3.2025

401,94

Morales Montoya-Paula Andrea

Fra. 202530301

17.3.2025

520,56

Quintero Betancourth Diego Fernando

Fra. 202530334

1.4.2025

401,94

Villanueva Castaño Martha Gilma

Fra. 202530654

11.7.2025

361,59

Otero Rey Asier

Fra. 202530872

28.8.2025

439,86

Zourazbane-Mohamed

Fra. 202530993

23.9.2025

635,40

Sánchez Contreras Johanna Rosaly

Fra. 202531129

24.10.2025

361,59