Advertido un erro no anexo da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 252, do mércores 31 de decembro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 67379, onde di:
«Servizos prestados os domingos, festivos ou en horario comprendido entre as 6.00 e as 22.00 horas, así como o 24 e o 31 de decembro».
Debe dicir:
«Servizos prestados os domingos, festivos ou en horario comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas, así como o 24 e o 31 de decembro».
