DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 1917

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 12 de xaneiro de 2026 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais Facultativos de Galicia Independentes (O’MEGA), Sindicato de Médicos de Galicia (Simega), e Sindicato de Médicas e Médicos de Atención Primaria (SMP) para os días 14 e 15 de xaneiro, que afecta a todo o persoal médico e facultativo empregado no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

A prestación da asistencia sanitaria non pode verse gravemente afectada polo lexítimo exercicio do dereito de folga, ao estar aquela recoñecida como servizo esencial e prevalente en relación con este. En consecuencia, resulta necesario compatibilizar o exercicio do dereito de folga coa fixación dos servizos mínimos nas áreas e actividades que inciden directamente na xestión e continuidade da asistencia sanitaria, co obxecto de preservar, en último termo, o dereito á vida, á saúde e á integridade física das persoas usuarias.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.

O 27 de novembro de 2025, a organización sindical Facultativos de Galicia Independentes (O’MEGA) presentou unha comunicación de folga dirixida a todo o persoal médico e demais persoal facultativo empregado no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, incluídos os médicos internos residentes, o profesorado vinculado e o resto do persoal médico e facultativo, con independencia da modalidade de contratación ou de xestión.

Na devandita comunicación facíase constar que a folga tería carácter permanente, coa previsión de comunicar os días concretos con dez días de antelación, convocándose inicialmente as xornadas dos días 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2025, así como outras datas do mes de xaneiro que non quedaban perfectamente determinadas no escrito recibido.

Con data 30 de novembro de 2025, a organización sindical presentou un escrito de corrección de erros en relación coas xornadas de folga previstas para os días 14 e 15 de xaneiro de 2026. Neste escrito precisábase que a folga tería lugar os días 14 e 15 de xaneiro de 2026, puntualizando que, naquelas entidades nas que existan varios turnos de traballo –entendéndose como tales todo aquel período laboral ou de prestación de servizos, como a atención continuada ou a garda médica–, o inicio do paro efectuaríase no primeiro turno que comece o día 14 de xaneiro e finalizaría tras a conclusión do último período laboral do día 15 de xaneiro, aínda que dito turno remate con posterioridade ás 24.00 horas do día 15 de xaneiro, abranguendo, para cada persoa traballadora, a totalidade do tempo dese período laboral.

A orde pola que se establecían os servizos mínimos correspondentes ás xornadas de decembro foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 236, do 5 de decembro de 2025, quedando pendente o establecemento dos servizos mínimos relativos ás xornadas de folga previstas para os días 14 e 15 de xaneiro de 2026, unha vez corrixido o erro existente na comunicación inicial.

Así mesmo, con data 30 de decembro de 2025, o Sindicato Médico de Galicia presentou unha convocatoria de folga que afectará a todo o persoal médico e facultativo empregado no ámbito da sanidade pública de Galicia, incluídos os Médicos Internos Residentes, con independencia da modalidade de contratación e da modalidade de xestión. A folga terá lugar os días 14 e 15 de xaneiro de 2026, en xornadas de 24 horas, comezando ás 8.00 horas do día 14 de xaneiro e finalizando ás 24.00 horas do día 15 de xaneiro, aínda que a finalización do período laboral teña lugar con posterioridade a esa hora.

Finalmente, en data 3 de xaneiro de 2026, o Sindicato de Médicas e Médicos de Atención Primaria (SMP) presentou unha convocatoria de folga que se iniciará ás 00.00 horas do día 14 de xaneiro de 2026 e finalizará o día 15 de xaneiro de 2026 ás 23.59 horas. Están chamados a participar na devandita folga todos os médicos de familia e pediatras da Atención Primaria dependente do Sistema Nacional de Saúde, incluídos os servizos de urxencias extrahospitalarias, así como os Médicos Internos Residentes correspondentes a esas especialidades, con independencia de que estean desempeñando as súas funcións en Atención Primaria ou en Hospital.

As convocatorias mencionadas coinciden nos días 14 e 15 de xaneiro de 2026, afectando ao persoal médico e facultativo do Servizo Galego de Saúde, incluídos os Médicos Internos Residentes, así como aos profesionais en quendas, gardas e atención continuada.

Á vista destas convocatorias, e en aplicación do marco normativo vixente, resulta necesario establecer os servizos mínimos indispensables para garantir o funcionamento esencial das institucións sanitarias durante as xornadas afectadas.

Con base no que antecede e logo da audiencia aos comités de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde, circunscrito ao ámbito da asistencia sanitaria pública, no ámbito do Servizo Galego de Saúde, entidades adscritas e fundacións públicas sanitarias dependentes da Consellería de Sanidade.

Os servizos mínimos que se fixan resultan imprescindibles para garantir a adecuada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, co obxecto de evitar graves prexuízos á cidadanía. Ao mesmo tempo, responden á necesidade de compatibilizar o exercicio do dereito fundamental de folga coa atención á poboación, que, baixo ningún concepto, pode quedar desatendida dadas as características do servizo prestado.

A súa determinación realízase conforme aos principios de proporcionalidade, necesidade e adecuación, co fin de compatibilizar o dereito fundamental de folga coa protección da saúde e da integridade física da poboación, que deben preservarse en todo caso dada a natureza esencial do servizo afectado.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible ás persoas hospitalizadas, así como a atención urxente e permanente e aqueles servizos sanitarios que non poden ser adiados sen consecuencias negativas para a saúde.

No establecemento de servizos mínimos, estase a ter en conta a redución paulatina de xornada establecida na Orde da Consellería de Sanidade de 29 de xuño de 2023, pola que se publicou o Acordo do Consello da Xunta de Galicia no que se aprobaron melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Sergas, con base no Acordo asinado na Mesa Sectorial o 20 de abril, polos representantes da Administración e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF, UGT e SATSE; así como na Instrución ditada en aplicación da dita orde para o ano 2025.

A execución do acordo de redución de xornada garantindo, á par, a adecuada atención á cidadanía implica incrementos de persoal en determinadas quendas e unidades e o maior número de gardas pola crecente presión asistencial, circunstancia que se reflicte na fixación dos servizos mínimos.

A presente proposta susténtase en criterios estritamente asistenciais e de seguridade clínica, e responde á obriga de motivación reforzada esixida para os supostos nos que, por circunstancias asistenciais excepcionais, os servizos mínimos deban diferir dos establecidos en folgas precedentes. Neste caso, concorren factores que modifican substancialmente o contexto respecto da folga dunha soa xornada convocada o 3 de outubro de 2025.

En primeiro lugar, a folga ten lugar en pleno período invernal, etapa na que se rexistra un incremento relevante das infeccións respiratorias agudas e doutras patoloxías estacionais –como gripe, bronquiolite ou COVID-19–, o que supón un aumento significativo da carga asistencial, especialmente nos servizos de Medicina Interna, Pneumoloxía e Urxencias. Este escenario epidemiolóxico, propio dos meses de inverno, difire substancialmente do existente noutras épocas do ano e determina a activación dos plans especiais de continxencia nas áreas sanitarias, dirixidos a garantir unha resposta axeitada fronte ao incremento da presión asistencial.

Por outra banda, a folga convócase para os días 14 e 15 de xaneiro, coincidindo cun período no que se produce un repunte da actividade asistencial derivado dos desprazamentos asociados ás festas do Nadal e do posterior retorno da poboación aos seus lugares de residencia habitual. Esta circunstancia xera un aumento adicional da demanda, especialmente nos servizos de urxencias e hospitalización, que fai necesario manter niveis de cobertura similares aos establecidos para as xornadas de folga dos días 9 a 12 de decembro. As modificacións introducidas afectan fundamentalmente a determinados centros hospitalarios nos que, por razóns organizativas e asistenciais, resulta imprescindible reforzar as presenzas, mantendo no resto das áreas uns efectivos equivalentes aos xa fixados nas anteriores xornadas de folga.

Para a determinación das presenzas mínimas téñense en conta a organización asistencial de cada área sanitaria, a súa carga de actividade e os criterios poboacionais e operativos que condicionan a cobertura imprescindible durante as xornadas de folga. A fixación destas presenzas non ten por finalidade limitar o dereito fundamental de folga, senón asegurar a atención dos procesos prioritarios e non demorables, garantindo en todo momento a seguridade das persoas pacientes e a continuidade dos servizos esenciais.

Así mesmo, a definición dos efectivos necesarios debe atender á estrutura asistencial de cada área sanitaria, baseada en parámetros poboacionais. O volume de habitantes e a súa distribución por idades, o grao de dispersión territorial, o carácter urbano, semiurbano ou rural da área, así como as isócronas de acceso aos centros asistenciais de referencia (centros de saúde, PAC e hospitais), constitúen elementos determinantes que condicionan a planificación e a cobertura asistencial mínima requirida.

Por iso, non é posible aplicar un patrón único para establecer os servizos mínimos do persoal sanitario e non sanitario durante unha xornada de folga. Son, polo tanto, as xerencias das áreas sanitarias as que propoñen as presenzas mínimas, baseándose en criterios asistenciais que garanten tanto o dereito de folga das persoas traballadoras como o dereito da poboación a recibir unha atención sanitaria adecuada.

En relación coa alegación formulada por algunhas das organizacións sindicais convocantes, na que se sostén que os servizos mínimos establecidos serían superiores aos necesarios e mesmo aos existentes en xornadas de fins de semana ou festivos, cómpre sinalar que tales servizos non se determinan por referencia ás quendas ordinarias dese tipo, senón en función das necesidades asistenciais reais derivadas da situación concreta na que se desenvolve a folga. Neste sentido, a previsión dun incremento da demanda asistencial, unida á redución de efectivos propia do exercicio do dereito de folga, xustifica plenamente a fixación das presenzas necesarias para garantir a continuidade, seguridade e calidade da atención sanitaria.

Así mesmo, as dotacións establecidas responden ás propostas formuladas polas propias xerencias das áreas sanitarias, atendendo á súa organización, á carga asistencial prevista e ás características específicas de cada centro, co único obxectivo de asegurar a prestación dos servizos esenciais á cidadanía.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. Persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061: o persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e das emerxencias xestionadas pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O servizo que presta a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten como misión atender calquera demanda que sexa percibida pola poboación como de resolución urxente. Para iso, conta, entre outros profesionais, con persoal médico coordinador, médico asistencial base ambulancia, así como médico asistencial base helicóptero.

Unha redución do persoal médico implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde que ocorren no territorio galego, con consecuencias directas sobre a mortalidade e a supervivencia da poboación.

Polas características do servizo prestado, a poboación non pode quedar desatendida en circunstancias de urxencia e emerxencia. Ademais, son tarefas específicas e cualificadas que non poden ser suplidas por outro persoal e debe terse en conta que a carga de traballo, ao longo do día, depende do número de chamadas que non son programables.

II. Persoal da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos: persoal mínimo necesario para a cobertura do subministro de sangue e hemoderivados, a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos.

No ámbito da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura do subministro de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos ás persoas doantes e, consecuentemente, ás posibles receptoras. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, dos transplantes de órganos e dos implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e da lexislación de aplicación.

III. Persoal dos centros e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde:

A) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención especializada ou hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaplazable.

– Salas de partos.

– Laboratorios de urxencias.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, debe manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas, e unidades coronarias, se é o caso.

– Área de diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos.

3. Cobertura da actividade cirúrxica das/os pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, respecto das patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial, procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das pacientes hospitalizados/as e as altas clínicas. Ademais, garantirase a presenza dun/unha facultativo/a por unidade de hospitalización médica e cirúrxica co obxectivo de garantir a asistencia ás persoas usuarias ingresadas, calquera que sexa a modalidade da prestación, coa seguinte proporción:

– En unidades con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En unidades de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En unidades de nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En unidades con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, segundo o criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas dos/das pacientes oncolóxicos que requiran tratamento citostático e os/das pacientes desprazados/as polo mesmo motivo.

6. Garantirase a realización das determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiran aos/ás pacientes hospitalizados/as que, segundo criterio facultativo, sexan necesarias e inaplazables, entendéndose incluídas as dos/das pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e produtos sanitarios que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarios.

8. Garantirase a atención necesaria ás persoas pacientes de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

B) Persoal facultativo sanitario do ámbito da atención primaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade do servizo de urxencias extrahospitalarias (puntos de atención continuada-PAC), habida conta de que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e ante a que é preciso dar unha resposta asistencial inmediata. Polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. No tramo ordinario de atención nos centros de saúde (non PAC) prestarase a asistencia urxente ou inaprazable da unidade ou servizo, calquera que sexa a modalidade da prestación. A prestación sanitaria no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos e unidades de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, garantindo a seguinte dotación:

– En centros con catro ou menos médicos de familia: 1 efectivo.

– En centros con de cinco a oito médicos de familia: 2 efectivos.

– En centros con de nove a doce médicos de familia: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis médicos de familia: 4 efectivos.

Así mesmo, garantirase a atención pediátrica urxente coa presenza dun/dunha pediatra por centro e/ou zona de referencia.

En canto ao persoal farmacéutico, trátase de garantir que a homologación sanitaria de todos aqueles medicamentos, produtos sanitarios e dietéticos que non admitan demora poida realizarse dentro dos prazos e requisitos establecidos na normativa vixente.

Así mesmo, no que respecta ao persoal odontólogo, resulta necesario asegurar unha dotación mínima que permita atender procesos odontolóxicos agudos, especialmente os que afecten á poboación infantil, dada a súa urxencia e necesidade de resolución inmediata.

Artigo 2

Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga.

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos –que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio– será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais aos efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2026

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Área Sanitaria da Coruña e Cee.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

15

15

9

Área Cirúrxica

80

35

35

Área Clínica/Hospitalización

79

20

20

Servizos centrais

25

10

10

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

9

5

5

Área Clínica/Hospitalización

5

3

2

Servizos centrais

4

1

1

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

100

54

18

Pediatra

28

9

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

1

-

-

Área Sanitaria de Ferrol.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

5

Área Cirúrxica

33

12

12

Área Clínica/Hospitalización

40

12

12

Servizos centrais

19

7

6

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

42

23

11

Pediatra

14

2

-

Odontólogo/a

2

-

-

Farmacéutico/a

-

-

-

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

14

13

7

Área Cirúrxica

78

36

36

Área Clínica/Hospitalización

84

26

25

Servizos centrais

31

17

14

Hospital Público da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

6

6

6

Área Clínica/Hospitalización

4

3

2

Servizos centrais

4

3

2

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

96

37

24

Pediatra

30

3

-

Odontólogo/a

4

-

-

Farmacéutico/a

4

-

-

Provincia de Lugo

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

13

14

10

Área Cirúrxica

42

17

17

Área Clínica/Hospitalización

53

13

12

Servizos centrais

31

9

8

Hospital Público de Monforte.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

9

4

4

Servizos centrais

7

5

4

Hospital Público da Mariña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

3

3

Área Cirúrxica

13

11

11

Área Clínica/Hospitalización

11

4

4

Servizos centrais

8

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

89

37

27

Pediatra

18

1

-

Odontólogo/a

3

-

-

Farmacéutico/a

-

-

-

Provincia de Ourense

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

4

Área Cirúrxica

46

15

15

Área Clínica/Hospitalización

83

18

13

Servizos centrais

65

16

13

Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

5

4

4

Área Clínica/Hospitalización

6

1

1

Servizos centrais

6

1

1

Hospital Público de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

2

2

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

5

4

4

Servizos centrais

5

3

3

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

105

36

25

Pediatra

14

-

-

Odontólogo/a

12

-

-

Farmacéutico/a

12

-

-

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

10

7

Área Cirúrxica

56

21

21

Área Clínica/Hospitalización

55

12

12

Servizos centrais

23

7

6

Hospital do Salnés.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

6

4

3

Área Cirúrxica

14

4

4

Área Clínica/Hospitalización

9

2

2

Servizos centrais

6

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

62

26

12

Pediatra

14

1

Odontólogo/a

2

1

-

Farmacéutico/a

2

1

-

Área Sanitaria de Vigo.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

17

16

10

Área Cirúrxica

75

37

37

Área Clínica/Hospitalización

78

27

26

Servizos centrais

38

17

15

– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

100

60

21

Pediatra

34

9

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

3

-

-

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Facultativo/a

2

-

-

Santiago

Ciclotrón

Facultativo/a

1

-

11

UTPR

Facultativo/a

1

-

-

Vigo

Diagnóstico por imaxe unidade móbil

Facultativo/a

1

11

-

Medicina nuclear-PET

Facultativo/a

1

2

-

Oncoloxía radioterápica

Facultativo/a

3

1

-

Radiofísica

Facultativo/a

3

1

-

1 Localizado.

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

Servizos mínimos

14.1.2026

15.1.2026

Persoal facultativo

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Hematólogo/a

2

11

11

2

11

11

Médico hemodoazón

9

10

-

8

11

-

1 Localizado.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico coordinador

6+11

6+11

3

Médico asistencial base ambulancia

12

12

12

Médico asistencial base helicóptero

22

22

-

1 Aos 6 efectivos na quenda de mañá hai que sumarlle un en horario de 10.00 a 16.00 horas. Aos 6 efectivos na quenda de tarde hai que sumarlle un en horario de 16.00 a 23.00 horas.

2 Están operativos de orto a ocaso.

Instituto Galego de Oftalmoloxía (INGO).

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

1

-

-