DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2338

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Tuimil - O Viso

ANUNCIO da convocatoria de asemblea xeral ordinaria.

Juan Ramón Alonso Martínez, en calidade de presidente da Comunidade de Augas de Tuimil-O Viso, por medio deste anuncio convoca a todas/os as/os comuneiras/os á asemblea xeral ordinaria que terá lugar o día 25 de xaneiro de 2026, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, no local da Sociedade de Agricultores de Tuimil, coa seguinte

Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Informe da xunta directiva.

3. Presentación do informe económico.

4. Cálculo da aplicación da suba do IPC nas cotas e achegas iniciais de 2026.

5. Renovación do xurado.

6. Sancións 2025.

7. Acometida de enerxía depósito do cruceiro.

8. Altas/baixas e cambios de titularidade.

9. Rogos e preguntas.

Tuimil, 16 de decembro de 2025

Juan Ramón Alonso Martínez
Presidente da Comunidade de Augas de Tuimil-O Viso