DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de información pública relativo á aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 24, 25 e 26 do polígono industrial do Vidreiro-Campolongo. Promotora: Breanca Inversiones, S.L.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 6.11.2025, aprobou inicialmente o estudo de detalle das parcelas 24, 25 e 26 do polígono industrial do Vidreiro-Campolongo, promotora: Breanca Inversiones, S.L., co correspondente resumo executivo redactado en febreiro de 2025 e asinado polo arquitecto Eusebio Chao Carreiras.

De conformidade co previsto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, LSG), e no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, RLSG), ábrese un trámite de información pública durante un prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

A documentación que se someta á información pública abranguerá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o resumo executivo.

De conformidade co resumo executivo aprobado, a suspensión de licenzas circunscríbese ás parcelas 24, 25 e 26 do Plan parcial do parque empresarial do Vidreiro-Campolongo que, froito do estudo de detalle aprobado no ano 2006 se agrupan nunha única parcela cuxos datos son os seguintes: referencia catastral: 7344915NJ6074S0001RF; superficie: 6.257 m2. A expresión gráfica deste concepto reflíctese no plano que se xunta no documento do resumo executivo.

Este acordo determina a suspensión automática do procedemento de outorgamento de licenzas, tamén referida ás licenzas de parcelación, edificación e demolición. A dita suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a aprobación inicial, non afectará os supostos previstos no punto 3 do artigo 86 e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan (artigo 47.2 da LSG).

A documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse de xeito presencial nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Pontedeume, situadas na avenida de Ricardo Sánchez, 6 (edificio Foremdes), con cita previa, que poderá solicitarse no seguinte teléfono 981 49 55 00, ou mediante o enderezo electrónico urbanismo@pontedeume.gal

As alegacións poderán presentarse mediante calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Estará ao dispor das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Pontedeume e no Rexistro municipal de entrada un modelo de alegacións que facilite a súa presentación.

Pontedeume, 5 de decembro de 2025

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde