No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 228, do 27 de novembro de 2025, e na corrección de erros do núm. 234, do 5 de decembro, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, unha praza de arquitecto/a, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, subgrupo A1, vacante no cadro de persoal do concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre.
Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación antedita, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.
Oleiros, 18 de decembro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal
