DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2333

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID Portocelo).

O Pleno do Concello de Nigrán, na sesión do 28 de novembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións de Portocelo, cos seguintes códigos HASH:

Carpeta PDF

04F74BE650FAA0A8A07DD8C12685A17B27A8243F28000AEEA021AF37EA55879Dh

Carpeta EDIT

53FCDA621DD049D3CAE683964A0BFE7484D76335AFADA1C5BBDAD822C75FB1BFh

Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e publicar a normativa urbanística do PEID no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Terceiro. Dar traslado do PEID á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para a súa inclusión no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do PEID aos titulares catastrais dos terreos afectados.

Recursos/alegacións.

Contra o citado acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba a disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

Nigrán, 15 de decembro de 2025

Juan Antonio González Pérez
Alcalde