DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2230

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se nomea funcionario/a de carreira da escala técnica, subescala I+D (OTRI), subgrupo A2, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, dunha praza da escala técnica, subescala I+D (OTRI), subgrupo A2, vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocada pola Resolución do 12 de xuño de 2024 (DOG do 24 de xuño).

Verificada a concorrencia na aspirante aprobada dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario, e nos Estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro),

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 136 dos Estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira, da escala técnica, subescala I+D (OTRI), subgrupo A2, da Universidade da Coruña, a aspirante aprobada polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 23 de decembro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica, subescala I+D (OTRI)

DNI

Apelidos e nome

Fase oposición

Fase concurso

Total

***9543**

Fernández Valero, Julia

63,6875

16,46

80,1475