DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2226

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o segundo exercicio pola quenda de promoción interna, e o cuarto exercicio pola quenda de acceso libre, do proceso selectivo.

Na sesión do 22 de decembro de 2025, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base II.1.2.2 e II.1.3.4 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna e o cuarto exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre consisten na exposición oral de catro (4) temas extraídos ao azar, entre os que forman a parte III do anexo II do temario (un correspondente aos temas relativos á materia de administrativo, o segundo e o terceiro á materia de dereito tributario e o cuarto tema á materia de dereito orzamentario).

En virtude do previsto nas citadas bases da convocatoria, polo Acordo deste tribunal do 3 de decembro de 2025 establecéronse os seguintes criterios de corrección, valoración e superación do exercicio:

1. Cuestións xerais sobre a proba.

O segundo exercicio para os que acceden pola quenda de promoción interna consiste na exposición oral de catro (4) temas extraídos ao azar, dos que constan no anexo I da convocatoria, conforme o seguinte:

– O primeiro corresponderá aos temas relativos á materia de dereito administrativo (1 de entre os numerados do 1 ao 22).

– O segundo e terceiro corresponderán á materia de dereito tributario (2 de entre os numerados do 62 ao 94).

– O cuarto tema corresponderá á materia de dereito orzamentario (1 de entre os numerados do 50 ao 61).

O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

O cuarto exercicio para os que acceden pola quenda libre consiste na exposición oral de catro (4) temas extraídos ao azar, entre os que forman a parte III do anexo II do temario, conforme o seguinte:

– O primeiro corresponderá aos temas relativos á materia de dereito administrativo (1 de entre os numerados do 1 ao 22).

– O segundo e terceiro tema corresponderán á materia de dereito tributario (2 de entre os numerados do 50 ao 86).

– O cuarto tema corresponderá á materia de dereito orzamentario (1 de entre os numerados do 87 ao 100).

O exercicio terá unha duración máxima de sesenta (60) minutos.

Para a extracción dos temas porase á disposición das persoas aspirantes un sistema electrónico que permitirá extraer ao azar os catro temas que se desenvolverán, segundo o descrito na base II.1.2.3 e II.1.3.4 da convocatoria.

Despois da extracción dos temas e antes de comezar a súa exposición, concederase ata un máximo de dez (10) minutos de tempo para que a persoa aspirante elabore, en presenza do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa de oposición.

Unha vez concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar coa persoa aspirante por un tempo máximo de dez (10) minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

2. Determinación da superación da proba.

Para o caso de acceso pola quenda de promoción interna, segundo o disposto na base II.1.2.2 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos. Para superalo será necesario obter un mínimo de 30 puntos. Cada un dos temas cualificarase de 0 a 15 puntos e para superar o exercicio será necesario obter en cada un dos temas unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible.

No caso de acceso pola quenda de acceso libre, segundo a base II.1.3.5 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 20 puntos. Cada un dos temas cualificarase de 0 a 10 puntos e para superar o exercicio será necesario obter en cada un dos temas unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible.

En ambos os casos, corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Tanto no caso de acceso pola quenda de promoción interna como de acceso libre, na exposición de cada tema puntuarase o nivel de coñecementos que a persoa aspirante demostre ter sobre o seu contido e valorarase que a exposición sexa coherente, estruturada e clara.

A cualificación total será o resultado da suma das puntuacións obtidas en cada tema.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o día 17 de decembro de 2025 ao segundo exercicio pola quenda de promoción interna e ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.4.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO

Subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Quenda de acceso libre e promoción interna.

Cualificacións:

Quenda

NIF

Apelidos e nome

Nota

Supera o exercicio

Promoción interna

***2041**

Andrade Rodríguez, María Luz

15

Non

Libre

***6114**

Casal Ferreiro, Mariña

14,5

Non

***8334**

González Vázquez, David

32,5

Si

***5939**

Mosquera Rey, Ana María

20,04

Si