DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2295

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da convocatoria e das bases dunha praza de técnico/a educador/a familiar e dunha praza de traballador/a social (OEP de 2023), polo sistema de concurso-oposición en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 229, do 28 de novembro de 2025, publicáronse as bases das seguintes convocatorias:

– 1 praza de técnico/a educador/a familiar (grupo A, subgrupo A2) da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios (OEP de 2023).

– 1 praza de traballador/a social (grupo A, subgrupo A2) da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios (OEP de 2023).

Prazo de presentación de instancias: 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse no BOP da Coruña e na sede electrónica do concello.

Carballo, 19 de decembro de 2025

José Daniel Pérez López
Alcalde